Entradas

Presentadas 68 alegacións ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo

Imagen
Aínda que están pendentes varios informes sectoriais da Administración autonómica, o equipo redactor iniciará de inmediato o estudo das alegacións Rematados os dous meses do período de información pública,  o Concello de Carballo recibiu 68 alegacións ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo . Aínda que seguimos pendentes de recibir varios informes sectoriais que debe emitir a Administración autonómica, o equipo redactor comezará a estudar as alegacións de inmediato para que nun prazo aproximado de dous meses poidan convocarse “as comisións precisas para ditaminalas”, tal como indica a concelleira de Planificación, Milagros Lantes. O Concello de Carballo vén primando a participación veciñal durante todo o proceso de elaboración do plan especial de Arnados, e nesa liña xa en xaneiro, tras a aprobación inicial do documento, realizouse un envío de notificacións individuais ás  máis de 200 persoas afectadas  e púxose en marcha para elas un  servizo de ate
Imagen
INFORMACIÓN PÚBLICA A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria que tivo lugar o 21 de decembro de 2020, acordou aprobar inicialmente o Plan Especial de protección, infraestruturas e dotacións en Razo- Arnados. O Diario Oficial de Galicia nº 27, de 10 de febreiro de 2021, publica o ANUNCIO de información pública do Plan Especial de protección, infraestruturas e dotacións en Razo- Arnados . O Plan Especial sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da data de publicación (ata o 11/04/2021) co fin de que as persoas que se consideren afectadas por éste poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas. A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse  na oficina técnica municipal das 10.00 ás 13.00 horas e no Forum Carballo solicitando en ambos casos cita previa e na páxina web do concello na seguinte ligazón:    Descargar documentación

EXPOSICIÓN PÚBLICA

Imagen
  DEL PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, INFRAESTRUCTURAS Y DOTACIONES EN RAZO- ARNADOS (DOCUMENTO APROBADO INICIALMENTE)   O Plan Especial de Protección, infraestruturas e dotacións en Razo- Arnados foi aprobado inicialmente por acordo de Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 21 de decembro de 2020 e someterase á información pública polo prazo de dous meses dende a publicación no Diario Oficial de Galicia (Pendente). O concello ten notificado a todos propietarios (titulares catastrais) de terreos de xeito individualizado dentro do ámbito do Plan Especial. A exposición ao público por parte do equipo redactor, debido a actual situación pola COVID -19, non permite á realización dunha presentación pública do documento. O equipo redactor está a atender ao público interesado en dependencias do Fórum Carball o os lun e xoves de 17:00 a 20:00. A atención realízase con cita previa que deberá solicitarse na Oficina Técnica Municipal (981.704 705). Habilítarase tamén a opción de at

Xornada informativa Plan Especial de Protección Infraestruturas e Dotacións de Razo-Arnados

Imagen
O Venres 13 de decembro convidamos a todos os interesados a xornada informativa Plan Especial de Protección Infraestruturas e Dotacións de Razo-Arnados. Lugar: CEIP de Nétoma-Razo (Carballo) Data: 13 de decembro as 19:00 h.

Presentouse o Plan Especial de Razo na II Xornada de Urbanismo Sostible de Lalín

Imagen
O venres 23 de novembro invitouse ao Concello de Carballo á  presentación dos traballos que se están a elaborar do Plan especial de  protección, infraestruturas e dotacións en Razo- Arnados nas II  Xornada de Urbanismo Sostible en Lalín. Medio centenar de persoas, entre políticos de diferentes municipios e institucións, expertos da Universidade de Santiago de Compostela e técnicos da materia, participaron o venres 23 de novembro na II Xornada de Urbanismo Sostible en Galicia, organizadas polo Concello de Lalín a través da Concellería de Urbanismo. Entre os poñentes estiveron a concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana de Carballo, Milagros Lantes, e a arquitecta Iria Pérez Miranda, que forma parte do equipo redactor do Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións en Arnados-Razo, para expor os traballos do Plan Especial de Razo como exemplo de traballos de urbanismo sostible no litoral. Nesta xornada participaron ademais do concello de Carballo, o concello

SÍNTESE DO DOCUMENTO DE ALCANCE

Imagen
O Documento de alcance considera adecuados o Borrador e o Documento de inicial estratéxico do Plan presentados. Para seguir coa tramitación a Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental emitiu o DOCUEMNTO DE ALCANCE onde se recollen observacións e suxerencias, tanto de este organismo como de outras institucións.    A continuación describimos brevemente as consideracións máis significativas para a integración   dos aspectos   ambientais e a sustentabilidade do Plan Especial: -         O Plan Especial nas seguintes fases debe concretar as actuacións propostas garantindo a integración no territorio e a protección do medio natural. -         O Plan supón unha mellora paisaxística do sector, pero deberá contemplar as consideracións do Instituto de Estudos do Territorio (IET) nas actuacións, que se deberán detallar nas seguintes fases (Estudo de Impacto e Integración Paisaxística -EIIP). -         O plan deberá cumprir os obxectivos do Plan Director de Rede Natura  2000      o

Rematou o periodo de consultas do Plan Especial

Imagen
O pasado día 16 de abril rematou o prazo de consultas do Plan Especial e dende esa data a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio dispón de dous meses para emitir o "Documento de Alcance do estudio ambiental estratéxico". Nese Documento de Alcance se recollen os informes sectoriais que emitiron as distintas administracións implicadas, así como tódalas alegacións que presentaron os particulares e/ou asociacións. Unha vez recibido o equipo redactor as analizará, e estudiará as modificacións que pode supoñer ao Documento do Plan Especial exposto.