DELIMITACIÓN DO ÁMBITO E OBXECTO.
O Plan Especial 2
Razo- Arnados delimítase no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de
Carballo aprobado definitivamente por Orde do 4 de febreiro de 2016 da
Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
O obxecto para o seu
desenvolvemento segundo o propio PXOM é ademais de dar cumprimento dos
obxectivos establecidos no POL para esta área de recualificación, o de ordear
de forma integral as áreas susceptibles
de acoller dotacións na costa, cos usos propios de espazos libres, actividades
deportivas, accesos ás praias, aparcadoiros, etc, nun entorno sensible a nivel
medioambiental e paisaxístico.
O ámbito delimitado
polo PXOM comprende unha superficie de 312.811m² situados na parroquia de San
Martiño a carón da Praia de Razo. Está composto por dúas bolsas de terreo situadas
ao este e oeste do núcleo rural de Arnados unidas por unha pequena banda que
recolle o espazo público (vial, aparcadoiros e zonas verdes) no frente do
asentamento de Arnados clasificado no PXOM como núcleo rural.
O Plan Especial
inclúe, na súa metade oeste parte dos terreos definidos no POL como áreas de
recualificación dentro da Unidade Paisaxística de Razo,e na súa metade leste o
borde litoral da praia de Razo e do espazo natural da Lagoa de Baldaio.
O límite norte do
ámbito coincide co límite costeiro, co dominio público marítimo terrestre na
zona leste e coa riveira do mar no fronte do núcleo de Arnados e zona oeste.
Sendo o resto dos
límites coincidentes coa delimitación do núcleo rural de Arnados e unha serie
de vías secundarias. Estando perfectamente definida a delimitación do ámbito na
cartografía do PXOM e facilmente identificable na realidade do territorio.
Vistas parciais do ámbito extraídas do voo oblicuo elaborado para o POL
Comentarios
Publicar un comentario