Aínda que están pendentes varios informes sectoriais da Administración autonómica, o equipo redactor iniciará de inmediato o estudo das alegacións Rematados os dous meses do período de información pública, o Concello de Carballo recibiu 68 alegacións ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo . Aínda que seguimos pendentes de recibir varios informes sectoriais que debe emitir a Administración autonómica, o equipo redactor comezará a estudar as alegacións de inmediato para que nun prazo aproximado de dous meses poidan convocarse “as comisións precisas para ditaminalas”, tal como indica a concelleira de Planificación, Milagros Lantes. O Concello de Carballo vén primando a participación veciñal durante todo o proceso de elaboración do plan especial de Arnados, e nesa liña xa en xaneiro, tras a aprobación inicial do documento, realizouse un envío de notificacións individuais ás máis de 200 persoas afectadas e púxose en marcha para elas un servizo de ate
Magnífica iniciativa de cara a un Razo - Arnados mellor. Ser a capacidade de ordenar o espazo e os seus servizos con orde é algo que ilusiona e motiva de cara a desenvolver un entorno natural e social de primeira categoría. Que as persoas locais que o levamos amando desde que nacemos e que fazemos uso del cada día podamos opinar é un privilexio. A sabendas de que non é singelo que todos/as estemos de acordo; animo e adiante!
ResponderEliminar