CAMPO DE FÚTBOL



Na xornada de participación cidadá celebrada no CEIP de Nétoma- Razo o 15 de decembro de 2017 expuxéronse, por parte dos participantes, dúbidas sobre o futuro do campo de fútbol no que xoga o clube San Isidro de Razo a competición de Liga de Fútbol Veteranos Costa da Morte, e o seu tratamento urbanístico no Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións.
É importante para este equipo redactor sinalar que o actual campo de fútbol atópase fóra do ámbito do Plan Especial e por tanto non é obxecto do documento o seu tratamento nin establecer determinacións sobre o seu futuro. 
Os terreos nos que se sitúa actualmente o campo atópanse dentro da delimitación do DPMT (Dominio Público Marítimo Terrestre) e por conseguinte son competencia do organismo Costas do Estado. O actual campo de fútbol utilízase en réxime de concesión por parte da Demarcación de Costas dependendo a súa prórroga exclusivamente deste organismo.
Agora ben, desde o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Carballo aprobado definitivamente no ano 2016, e concretamente dende o contido da ficha que establece as directrices do Plan Especial de Razo, determínase que o documento debe contemplar unha localización alternativa para este equipamento para o caso de que Costas do Estado non renove a citada concesión.
O Plan Especial que estamos a redactar contemplará unha ubicación alternativa para este equipamento deportivo que se integre debidamente no ámbito e no conxunto da solución que se está a deseñar e que respecte o marco normativo que necesariamente debemos cumprir.
 É por iso que queremos despexar as dúbidas xurdidas e confirmar que o campo de fútbol seguirá na súa localización actual mentres Costas do Estado non determine o contrario e a concesión siga vixente.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentadas 68 alegacións ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo

SÍNTESE DO DOCUMENTO DE ALCANCE

EXPOSICIÓN PÚBLICA