Obxecto do Plan Especial


OBXECTO DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS EN RAZO- ARNADOS:



O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo, foi aprobado definitivamente por Orde do 4 de febreiro de 2016 da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 39, 26/02/2016 e BOP nº38, 26/02/2016).
O ámbito do Plan especial de protección infraestruturas e dotacións en Razo Arnados delimítase nos planos B02 e C02 de clasificación do solo e sistemas xerais e na ficha de determinacións do plan xeral que figura no documento de normativa.

Segundo a ficha do PXOM trátase dun Plan especial de Protección sobre un ámbito cunha superficie bruta de 312.811,00m² en terreos clasificados como SOLO RÚSTICO de protección agropecuaria, protección de augas, protección de espazos naturais, protección paisaxística e de protección de costas.

O obxecto e determinacións do plan especial están claramente recollidos na ficha do PXOM:
- Dar cumprimento aos obxectivos establecidos no POL para esta área de recualificación, preservar o medio ambiente litoral costeiro, os espazos naturais, e a paisaxe existente na costa de Razo, para a recuperación e protección das áreas degradadas e os areais, os accesos aos mesmos e a mellora das dotacións e infraestruturas. O plan especial deberá prever as redes de servizos suficientes.
- Ordear de forma integral as áreas susceptibles de acoller dotacións na costa, cos usos propios de espazos libres, actividades deportivas, accesos á praia, aparcadoiros, etc., dentro dun ámbito sensible a nivel ambiental e paisaxístico. Inclúese a necesidade de realizar un estudo da demanda de aparcadoiro dos areais, co obxectivo de que as dotacións propostas teñan en conta esta previsión.
- As dotacións localizaranse na banda delimitada entre as liñas de 100 e 200 metros dende a ribeira do mar, deixando a banda de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre vacante de edificacións de carácter permanente.
- Conxuntamente co estudo de detalle da fachada litoral de Arnados, eliminarase o tráfico rodado do viario paralelo ao borde do areal, deixando unicamente o acceso restrinxido no borde costeiro, solucionando as circulacións peonís e rodadas.
- Indicaranse as accións de recuperación ambiental e paisaxística necesarias  para as áreas degradadas. O equipamento deportivo existente, deberase recolocar fora do DPT e da servidume de protección.
- Estudarase o espazo público que conforma a fachada marítima do núcleo de Arnados.
- Indicaranse as accións para dar cumprimento aos criterios e directrices establecidos no POL.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentadas 68 alegacións ao Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo

SÍNTESE DO DOCUMENTO DE ALCANCE

EXPOSICIÓN PÚBLICA